Se tes menos de 35 anos, o teu compañeiro de traballo será un robot

Máis pronto que tarde, os seres humanos conviviremos con robots que nos substituirán en labores aburridos, repetitivos e perigosos.

Que deben coñecer os actuais traballadores e traballadoras, en que se deben preparar, en que debe formarse a mocidade da actualidade para facer fronte á contorna cambiante actual, caracterizada por unha maior tecnoloxía e dixitalización, e onde priman novas competencias.

Novas profesións, novos profesionais

Os empregos do futuro aínda son impensables, o que supón un reto, xa que moitos estudantes que inicien hoxe unha carreira, a metade do que estuden no primeiro ano estará obsoleto ao final do seu terceiro ano.

Estamos nun marco de cambio continuo cun gran número de retos e desafíos que non podemos afrontar da maneira tradicional.

Emprender non é unha opción

Emprender non é unha opción, e neste marco La Molinera comeza a se posicionar como un gran laboratorio de experimentación, para dotar de ferramentas aos máis novos e á cidadanía en xeral para entender e afrontar con garantías a nova empregabilidade emerxente.

Dámosche claves e respostas sobre o emprego do futuro, cales son as competencias que se demandarán, como desenvolver o talento e como serán as futuras relacións laborais.

Se es emprendedor e procuras un espazo de traballo, interésache o programa Coworking Ourense EOI. Coñecer os coworkers e os seus proxectos.

Coñecer os coworkers e os seus proxectos

Axudamos a te preparar e reinventar

Grazas a diferentes talleres, cursos, conferencias, etc. poderás obter unha visión global das
características do emprego do mañá, xa sexa adquirindo coñecementos de tipo formativo en determinadas áreas como coñecendo algúns casos reais de como se están a implantar e demandar estes novos perfís.