A nosa misión e obxectivo

Somos un laboratorio de innovación social dixital centrado nas persoas, que permite conectar persoas con empresas, startups, pemes, administración, universidade, poñendo á súa disposición espazos, mentores, ferramentas dixitais e tecnolóxicas para dar o salto á sociedade do coñecemento e converter Ourense nunha cidade innovadora.

Unha estrutura funcional que crea, mantén e expande dinámicas rexionais de innovación dixital, detectando carencias ou necesidades e ofrecendo recursos dispoñibles para favorecela.

Espazos e actividades para a sociedade do coñecemento

O centro e a súa actividade pivota sobre tres eixos estratéxicos: Innovación Social Dixital, Nova Empregabilidade e Tecnoloxías 4.0; e estrutúrase funcionalmente en áreas denominadas “Espazos”, que son: Espazo Aula CeMIT, Espazo Kid, Espazo para Emprender, Espazo Xoves Inspiradores, Espazo Maker e Espazo Ágora.

Coñece os espazos de La Molinera

Estes son algúns dos espazos que ofrecemos actualmente, que funcionan como contedores de actividades e contidos de todo tipo, pensados para toda a cidadanía e en continua revisión e cambio en función das súas necesidades actuais.

Espazo Aula CeMIT

Desenvólvense todas as actividades relacionadas coa alfabetización dixital, capacitación para o emprendedor, audiovisual e fabricación dixital.

Espazo Kids

Desenvólvense as actividades para nenas e nenos entre 8 e 16 anos, relativas á creatividade aplicada, arquimakers, robótica, drons, realidade virtual, impresión 3D, etc.

Espazo Maker

Desenvólvense actividades de creatividade aplicada, fomento do emprendemento, arquimakers, robótica, impresión 3D, etc.

Espacio Talento e Emprendemento

Actividades relacionadas co emprendemento, lanzadeira de emprego, coworking, talleres, visualización do emprendemento, e Akademia.

Usuarios interxeneracionais

Un centro interxeracional, de 8 a 99 anos, onde converxen as canles de comunicación e aprovéitase a creatividade, a enerxía dos máis novos e a experiencia e habilidades dos máis maiores para co-crear.

La Molinera en números

Estas son algunhas cifras para destacar respecto da nosa actividade.

+32.500

Usuarios superados no ano 2017, o que supón un incremento do 250% con respecto ao ano anterior.

+150

Actividades levadas a cabo durante o ano 2017, entre talleres, cursos, conferencias, xornadas, etc.

15

Eventos específicos realizados durante o ano 2017.

14

Visitas escolares que se realizaron no centro durante o ano 2017.

Axenda de actividades

Grazas a diferentes talleres, cursos, conferencias, etc. poderás obter unha visión global das características do emprego do mañá, xa sexa adquirindo coñecementos de tipo formativo en determinadas áreas como coñecendo algúns casos reais de como se están implantando e demandando estes novos perfís.