Introducir a tecnoloxía dixital

A transformación e revolución dixital traerá consigo a chamada cuarta revolución industrial. Sensores, robots, redes e complexos sistemas de información transformarán os procesos de produción tal e como os coñecemos hoxe en día en sistemas máis eficientes, adaptables e competitivos no mercado global.

Un cambio de mentalidade

As empresas e administracións xa non poden deixar á marxe todo o que supón a dixitalización, pola contra atoparanse en situacións totalmente desfavorables e cunha dubidosa capacidade de sobrevivir.

Como sempre, o verdadeiro reto está nos recursos humanos, nas persoas, en ser capaces de liderar un proxecto de transformación e revolución dixital na empresa, ou noutros roles diferentes, en como adaptarse a iso.

La Molinera dache a clave, a actitude

Estamos nun momento da historia no que o acceso á tecnoloxía e ás novas ferramentas dixitais, non depende do lugar onde un resida, senón da actitude cara a elas.

A oportunidade de algo non depende unicamente de experiencia e talento, senón da túa actitude, por iso procuramos sempre ofrecer contidos e recursos para a motivación.

Actividades relacionadas con Tecnoloxías 4.0

Desenvolvemos unha serie de actividades que teñen que ver de forma explícita coas novas tecnoloxías involucradas nesta transformación; robótica colaborativa, impresión 3D, Internet das Cousas ( IoT), realidade virtual e realidade aumentada, Big Data, CNC, etc.